Misión

Os obxectivos da Coordinadora Estatal de Comercio Xusto son:

 ●         Garantir o cumprimento dos principios do comercio xusto.

 ●         Defender a identidade do comercio xusto e fortalecer o movemento.

 ●         Ofertar servizos e apoio ás organizacións que formen parte da mesma.

 ●         Canalizar a comunicación e coordinación entre as organizacións de comercio xusto.

 ●         Investigar e xerar coñecemento sobre o comercio xusto.

 ●         Representar o comercio xusto ante organismos e institucións estatais e internacionais.

 ●         Promover os valores do comercio xusto entre a cidadanía e contribuír así á creación dun espírito crítico e comprometido.

 ●         Informar e difundir o comercio xusto na sociedade.