A Coordinadora Estatal de Comercio Xusto ten un sistema de filiación e acreditación que establece unha serie de criterios de entrada e permanencia.

A finalidade deste sistema é garantir que as organizacións afiliadas atenden aos requisitos precisos para ser consideradas “Organizacións de Comercio Xusto da CECJ”.

Poden filiarse as entidades recoñecidas formalmente e rexistradas como tal nalgún rexistro oficial do Estado español que sigan os criterios establecidos polo sistema.

Os criterios e a información requirida están recollidos no sistema de acreditación e filiación (aprobado na asemblea da CECJ en marzo do 2011).