1. Produción

Os produtos son elaborados por grupos de produtores de comunidades desfavorecidas.

 Os produtores son grupos organizados de campesiños, artesáns, etc. de zonas desfavorecidas, especialmente de Asia, América Latina ou África. Desenvolven o seu traballo segundo os criterios do comercio xusto.

 Coñece as organizacións produtoras.

 2. Distribución

As importadoras mercan os produtos aos produtores e os poñen a disposición das tendas.

O prezo é establecido de común acordo entre ambas partes, de xeito que responda aos principios do comercio xusto.

Na Coordinadora Estatal de Comercio Xusto hai 10 organizacións importadoras.

 3. Venda

As tendas de comercio xusto informan sobre a procedencia dos produtos.

 Hai máis de 100 establecementos e 13 tendas en liña das organización afiliadas á CECJ. ¡Coñéceas!

 Tamén podes atopar produtos de comercio xusto en establecementos convencionais.

 4. Consumo.

Os consumidores de comercio xusto optamos por outro modelo global máis humano e ecolóxico.

 Ao elixir este tipo de produtos, estamos a optar por outro modelo de mundo mis igualitario no que non se teñan en conta só os valores económicos, senón tamén os sociais e ecolóxicos. Ademais, co comercio xusto colaboramos co desenvolvemento das comunidades do sur.