Definición

A definición de comercio xusto aceptada internacionalmente é:

 “O comercio xusto é un sistema comercial baseado no diálogo, a transparencia e o respecto, que procura unha maior equidade no comercio internacional prestando especial atención a criterios sociais e ambientais. Contribúe ao desenvolvemento sustentable ofrecendo mellores condicións comerciais e asegurando os dereitos dos produtores/as e traballadores/as desfavorecidos, especialmente no sur. (Organización Mundial do Comercio Xusto, WFTO)